O electricista municipal foi o encargado da instalación.

O Concello de Moaña, a través da xestión da concellería de Obras e Servizos que dirixe a socialista Marta Freire, instalou esta semana un novo tramo de alumeado público na parte traseira do cemiterio municipal de Trigás.

«Un esforzo importante, resaltou Freire, para mellorar a rede de alumeado público municipal».

O consistorio moañés ten neste momento oito proxectos en marcha do IDAE que permitirá que o municipio teña un alumeado público 100% led antes de finalizar este ano. «Estamos con medios e recursos propios instalando novos tramos de alumeado en camiños e viais municipais», engade a concelleira incidindo no «compromiso do noso goberno cunha Moaña máis sustentable enerxética e medioambientalmente».

Un reto que de continuar a este ritmo alcanzaríase un ano antes da data prevista polo bipartito.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *