Traballos de cambio dos teitos no Ceip Seara.

Desde Coalición Independente por Moaña denuncian aos concelleiros de Deportes e Ensino, Dolores Chapela, e ao de Facenda, Aldán Santamarina, pola firma de contratos a unha soa empresa para a realización de obras no Concello consistentes no pintado, reparación e montaxes deportivos de instalacións municipais. Unha crítica que fai extensible ao anterior edil de Deportes, Juan Parcero, porque «das 20 contratacións dadas a esta empresa, 13 delas no ano 2020 foron realizadas polo concelleiro e as restantes, 7, foron pola titular actual».

O líder de XM, Javier Carro, lamenta que eses contratos non se realizaron cunha empresa de Moaña. «No canto de fomentar e dar traballo a empresas do noso pobo damos ata 20 contractos a empresas foráneas», expón Carro en referencia ao construtoras pero tamén a aquelas «contratacións a dedo».

Acusa o portavoz de Coalición Independente por Moaña a Aldán Santamarina de contratar a unha empresa onde o administrador único é «familiar directo». Relata Carro que «o día 19 do presente mes este edil negou ata tres veces que a Presidenta do Club Balonmán Moaña, Irene Vilaboa Fernández, fose familiar súa directa xa que é parella do responsable único da empresa Cersibra Novo S L e, presuntamente, o beneficiario de contractos por designación directa do Concello de Moaña».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *