As consecuencias do vento que azoutou toda a noite a comarca deixáronse notar esta mañá tanto en Cangas como en Moaña, aínda que sen danos de importancia. Minutos antes das seis e media da mañá unha árbore que se atopaba en mal estado caía en Herbello, na estrada que une Darbo e Aldán. Quedou atravesado e cortou a estrada, segundo Protección Civil de Cangas, que se encargou de retiralo.
En Moaña, pola súa banda, caeu outro en Berducedo, no lugar de Escobar, informa a Policía Local. Ocorreu ao nove menos cuarto e ocupou a metade da calzada.