A nova corporación municipal nun pleno donde a oposición tumbou a proposta do goberno de comisiones e soldos.

Se o goberno local consegue o visto e prace de AV tamén lograría aprobar as liberacións e, en consecuencia, os seus soldos

Rapidez para facer posible o imposible. Esta sería a frase que resumiría as últimas horas da política local de Cangas. Tras a reunión do pasado luns entre BNG e Alternativa dos Veciños (AV) na que os nacionalistas se comprometeron a buscar unha solución ás demandas do partido da exalcaldesa Victoria Portas para lograr o seu voto a favor tanto na composición dos órganos colexiados como na repartición de liberacións e nóminas, o goberno local de BNG-PSdeG-EU xa puxo sobre a mesa o escrito nunha xunta de portavoces na que estiveron presentes todos os partidos que compoñen a corporación.

O documento, que segundo o concelleiro de Urbanismo e representante do BNG nesta xunta de portavoces hoxe, Antón Iglesias, tería o visto bo da Secretaria municipal, propón pasar de 7 a 11 membros repartidos da seguinte maneira: 5 representantes para PP, 3 para BNG, 1 PSdeG, 1 EU e 1 para AV.. Cuxa resolución será a través do voto ponderado, é dicir, mediante un sistema de votación polo que o voto que emitan os concelleiros asistentes de cada partido representa tantos votos como actas integran o seu grupo municipal no pleno.

Outra das propostas que se puxeron sobre a mesa, neste caso pola representante do PP, Dolores Hermelo, foi a de retomar a comisión de Urbanismo que deixou de facerse como unha das medidas incluídas no Plan de Axuste que axudou a sanear as arcas do Concello en época de crise. Unha idea, co mismo sistema de voto pero con 5 representantes, que tivo boa acollida por parte do goberno e que podería incluírse na proposta que leve a pleno. Desta forma, e de saír adiante, durante esta lexislatura celebraríanse tres comisións informativas: de Contas, Urbanismo e de ditame dos asuntos do pleno.

PP e AV non quixeron aínda dar unha opinión sobre a proposta do tripartito e ambos os partidos aseguran que a estudarán detalladamente antes de pronunciarse publicamente. Non teñen demasiado tempo para facelo xa que se convocou unha segunda xunta de portavoces para este venres co obxectivo de pechar o documento con maioría suficiente como para permitir a súa aprobación en pleno. Unha sesión extraordinaria, a terceira sobre este asunto, que podería ter lugar a semana que vén, aínda que todo depende o que ocorra o vindeiro venres. AV celebrará mañá unha asemblea e PP terá reunión con todo o grupo municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *