Inauguración da exposición na Casa da Cultura.

Esta semana presentouse na Casa da Cultura de Cangas a exposición fotográfica a cargo de Raquel Fernández, do estudo fotográfico Digital Art, co gallo da  “Semana Mundial da Lactancia Materna”, sumándose así á celebración que promoven organismos como a OMS, Unicef, e Asociacións Profesionais e de apoio á lactancia materna en  máis de 170 países.

Esta actividade está organizada pola  Asociación Coliño Bailongo, en colaboración coa Concellaría de Benestar do Concello de Cangas e a Asociación Chuchamel. O obxectivo é visibilizar e fomentar o apoio a Lactancia Materna, Xerar conciencia da importancia que ten a alimentación do neno coa leite materna, incluso sendo prematuro.

A matrona Inés Curro da Asociación Coliño Bailongo, que na presentación estivo acompañada pola fotógrafa da exposición, Raquel Fernández e a Concelleira de Benestar, Leonor Gala Torres, así como representantes de distintas asociacións, como Chuchamel e ADICAM, lembrou na súa intervención que “a recomendación da OMS establece unha lactancia materna exclusiva os 6 primeiros meses de vida, e continuar complementandoa coa alimentación ata os 2 primeiros anos”

“Decidimos facer unha exposición fotográfica como maneira de apoio e visibilidade, onde as nais lactantes da contorna son as protagonistas en xerar conciencia sobre a importancia da Lactancia Materna. Con esta mostra tentamos que as propias nais, coas suas imaxes, exerzan unha influenza positiva para cocienciar a nosa sociedade sobre os beneficios e a importancia da alimentacion o peito. Durante esta semana as suas lactancias non son solo alimento, son tamen exemplo e motivación para outras nais ou futuras nais que queiran darlle os seus fillos o mellor alimento, o Leite Materno”

Baixo o lema que propón a OMS é, “Amamantar e traballar: ¡fagamos que sexa posible!”, púxose de relevancia a necesidade de máis medidas de conciliación, como a prolongación da licencia por maternidade remunerada ata as 18 semanas como mínimo, e preferiblemente ata os 6 meses ou mais, crear pausas remuneradas para a lactancia ou a extracción de leite tras a reincorporación ao traballo, así como crear espazos propios para facer as extraccións.

A exposición estará aberta ao público na Casa da Cultura de Cangas até o 7 de agosto,  en horario de 8:30 a 20:30, de luns a venres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *