A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, presentaron esta mañán unha nova edición da feira de oportunidades “Stock Marín”. A montaxe desta edición, realizarase nunha carpa climatizada de 35*10 metros, que se instalará na alameda “Rosalía de Castro”
Aproveitando datas, nas que os establecementos comerciais soen aplicar descontos e promocións moi significativos, como son as rebaixas de inverno, levaremos a cabo esta nova edición da feira de oportunidades. Deste xeito, 13 establecementos comerciais, ofrecerán a uns prezos con grandes descontos, productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar, xoguetería e mercería. O horario do evento será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 e a entrada será gratuita.
Sorteo presencial de 1000€
Coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que realicen algunha compra nos establecementos que participan na acción, celebraremos un sorteo presencial de 1000€. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 9 vales de 100€, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 100€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada.
Polas compras efectuadas, os clientes recibirán un flyer A5 que contén un espazo que deberán recurtar e cumplimentar cos datos requeridos (nome completo, dni, idade, PVP da compra efectuada e o selo de establecemento onde se fixo a compra). Para participar no sorteo e optar ao premio dos 1.000€ en vales compra, deberase depositar a papeleta na urna que se habilitará para tal fin no stand do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e estar presente na carpa o domingo ás 17.30. Iranse extraendo papeletas, ata que apareza un/unha gañador/gañadora. A persoa gañadora, deberase acreditar co seu DNI (ou documento análogo).
Ademais, 10.000 domicilios da vila recibirán nos seus buzóns un flyer co que tamén poderán participar no sorteo, se realizan os pasos anteriormente descritos.
Establecementos participantes na VII Edición do Stock Marín
A mi Love, Acolá Trend, Bolboreta, CCA Estrela de Marín, Delirious, El Armario de Alia, El Rincón de Niky, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte, Paíno & Maína, Tamara Onlinee e Tamara Piel.
Acto de inauguración
O acto de inauguración desta edición, levarase a cabo o vindeiro venres ás 12hrs e contará coa presenza de dferentes autoridades, entre as que podemos destacar: á Alcaldesa do Excmo. Concello de Marín Dª María Ramallo Vázquez, ao Director de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia D. Gabriel Alén Castro e á Presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Catalina Conde Manso.
Desde o CCA Estrela de Marín, queremos agradecer a predisposición do Concello a colaborar con esta VII Edición de Stock Marín, xa que asume gran parte dos custos da montaxe a través da concellería de Comercio e Turismo. O evento ademáis, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.