Recollida das tarxetas regalo en enero de 2022.

Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo 3.320 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os locais e negocios da vila para facer as súas compras durante o Nadal

A campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros, que entre o día de onte e o de hoxe están a ser repartidas entre os afortunados que acadaron unha, “foi todo un éxito nesta segunda edición, xa que conseguimos xerar o dobre de impacto económico na economía local da nosa vila”, explican fontes municipais. De xeito concreto, depositáronse 3.320 tickets no Buzón da Oficina de Turismo, que xeraron un importe global de 175.102,81 euros.

“Isto é un síntoma moi positivo de que os marinenses seguen apostando pola nosa economía para facer as súas compras e para consumir e que fixeron este compromiso cos nosos negocios durante o Nadal, unha época na que se fan moitas máis compras ca no resto do ano”, indica o Goberno local.

O bo balance desta iniciativa anima ao Concello á posibilidade de seguir facendo
campañas que incentiven o consumo directo nos nosos locais e comercios.

Agora, as persoas afortunadas que conseguiran unha tarxeta de 50 euros terán até finais de marzo para canxeala única e exclusivamente en negocios e locais da nosa vila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *