Manifestación contra o peche do centro de saúde de Seixo.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta do BNG, que o Servizo Galego de Saúde manterá a actividade asistencial no centro de saúde de Seixo, en Marín. Deste xeito, o departamento sanitario galego asegura a continuidade asistencial nesta infraestrutura sanitaria, ante a previsión de xubilación dun dos seus facultativos de Medicina Familiar e Comunitaria.

Tal e como subliñou o conselleiro, este centro de saúde dispón de dúas prazas de Medicina Familiar e Comunitaria, que non se contempla amortizar e que seguirán
prestando servizo asistencial.

Como consecuencia da actual escaseza de profesionais substitutos para cubrir esta
próxima xubilación, García Comesaña dixo que o Sergas buscará alternativas administrativas que poidan cubrir esa ausencia, mentres non se poda efectuar a cobertura con estabilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *