A dirección califica de «parche» o proxecto cando o que se demandou o centro á Consellería de Educación foi a necesidade unha «reforma integral» da cociña tras 50 anos dando servizo so centro
As obras que a consellería tiña previsto realizar durante este verán na cociña do Ceip Reibón de Moaña, onde elaboranse os menús diarios dos 300 nenos e nenas do servizo de comedor escolar, aínda non arrincaron e, segundo avanzou a dirección onte no Consello Escolar Municipal, non ten visos de facelo. En calqueira caso, advirten de que se ao inicio do curso, en setembro, a cociña non está terminada 300 nenas e nenos de Moaña se quedarán sen comedor, co problema que iso suporía nas familias para a conciliación.
En cuanto aos traballos que a consellería de Educación pretende levar a cabo nela, o centro os califica de «parche» e critica que non se faga «a reforma integral» á que se comprometeu la xefatura territorial. Recordan que esta cociña xa ten 50 anos e que por toda a actividade diaria que acumula necesita de un proxecto moito máis amplo.
Ademáis, en setembro pode surxir outro problema engadido. Se a Xunta mantén o protocolo Covid nos comedores escolares, o centro non poderá manter os dous turnos de comidas que viña dando estos dous anos para garantir a distancia de seguridade dos comensales. Eso suporá que unos 150 nenos se queden sen servizo, co problema que supón esto para á conciliación das familias. Polo momento á orde é que se actuará dependendo da situación sanitaria do momento.
Con todo isto, sumando a alarma creada nas Anpas e direccións de todos os colexios de Moaña pola mala calidade do menú que proporciona a empresa de cátering que fornece aos centros moañeses e a renovación por dous anos, desde o Consello Escolar Municipal pensan iniciar mobilizacións en setembro.
Todos os asistentes ao Consello, por unanimidade, apoiaron tomar medidas nestes asuntos se en setembro non hai cambios. O goberno local púxose a disposición dos centros e das Anpas e o portavoz do PP, Vicente Verdeal, comprometeuse a facer todo o posible para dar solución aos diferentes conflitos.