A compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental con moi boa resposta na nosa vila. Por iso, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, volveu anunciar un novo reparto de 100 novos composteiros entre a veciñanza da man de Sogama, que xa se foron apuntando nunha listaxe nas últimas semanas.
O reparto destes elementos será o 25 de xuño ás 20.00 horas na no Local Social de Sagrada Familia, en Cantodarea. Ademais dos compoteiros, repartiranse uns pequenos cubos domésticos para poder ter na cociña e nos que depositar os restos orgánicos que despois acabarán na compostaxe.