Parking de Santán.

O 21 de xaneiro de 2021 o Alcalde de Bueu, Félix Juncal, anunciou que o Concello ía acondicionar o aparcadoiro situado entre as rúas Santán e Jesús López Cortizo “O Ferrolán” para habilitar, de forma ordenada, un total de 40 prazas de aparcadoiro, dous delas reservadas para discapacitados, mellorando os accesos, tanto para peóns como para vehículos.

O proxecto supón, din, o asfaltado completo da parcela, o pintado das prazas, da zona reservada para o paso de peóns e os anagramas de espazo reservado para discapacitados xunto coa colocación de novos sinais de tráfico, o que significa a «posta en valor dun espazo público indispensable».

Con todo, os socialistas critican que seis meses despois daquel anuncio non se sabe nada das obras e o firme do aparcadoiro está impracticable pola decenas de buracos que hai. «É sabido que no verán en Bueu é difícil conseguir un praza de aparcamento, e máis no centro do centro urbano polo que optimizar o aparcadoiro da rúa Santán é unha prioridade», consideran.

O PSdeG asegura que cun «custo contido é necesario crear esas 40 prazas de aparcamento que, neste momento, ven reducidas a pouco máis da metade». «O Concello ten que poñerse as pilas e empezar a traballar e facelo antes de que chegue a tempada estival. O problema é que o goberno local leva tempo acomodado, sen ideas e sen iniciativa. Esiximos menos anuncios e máis resultados», manifestan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *