Luces de Nadal na praza do Concello.

«Estamos xa metidos en datas navideñas e o rural de Moaña non o nota», é o que din os concelleiros do grupo municipal do PP en alusión a que aínda non se instalou iluminación do Nadal algún fose do centro urbano.

«Pasan desapercibidas estas datas nos barrios porque o goberno do BNG alumea parte do centro e deixa para última hora os barrios, nunha falta de previsión e pasotismo», manifiestan a través de una nota de prensa a los medios.

Para o PP «non valen as excusas» e acusan ao goberno local de falta de previsión. «Facer dous paquetes de licitación para o alumeado navideño por cuestión da normativa de contratación pública, porque esa desculpa dada pola señora Santos, demostra que o propio gobeno recoñeze que non se entera, e si tiña que ser así facelo en tempo e forma», din. Lembran que «o Partido Popular advertiu ó goberno e agora
con presas a adxudicar como contrato menor collendo os restos que outros concellos non queren», critica o partido que encabeza Javier Carro. «O resultado será, si se consigue, froito da improvisación e do pasotismo do goberno. Unhas luces cutres, as peores dos últimos anos», apostilan.

Lamentan que o alumeado chega nin tan sequera ao Rosal. «Agora nos enteramos que por exemplo a rúa Alcalde Fandiño que pasa por ser unha das máis importantes na zona do Rosal pertenece o rural, ou tamén pode ser que as luces de nadal deslumbren a sede do BNG», engaden.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *