Un dos gatos rescatados por Colonias Canguesas na vivenda de Rodeira.

A formación presenta unha moción para o vindeiro Pleno da Corporación na que denuncia o incumprimento polo goberno liderado polos nacionalistas do acordo aprobado no mes de outubro

Os populares volven a levar ao Pleno da Corporación a falta de apoio do Goberno local aos colectivos municipais adicados ao coidado dos animais abandoados no municipio. Como acontecera no mes de outubro do pasado ano, o grupo municipal maioritario da Corporación reclama o pago das débedas pendentes por parte do Concello con estas asoacións e critican o incumprimento sistemático do actual equipo de goberno dos acordos plenarios.

“É unha auténtica tomadura de pelo á veciñanza” denuncian. “Obvian que o Pleno é o máximo órgano de representación democrática a nivel municipal. Por iso imos a solicitar a súa reprobación. Van de asambleistas pero a realidade é que ningunean os acordos, moitas veces aprobados por eles mesmos, que ao final quedan en papel mollado” engaden.

A formación centra pon o foco, nesta ocasión, na crítica situación de Colonias Canguesas, colectivo adicado ao coidade dos gatos de rúa, que acumula unha importante débeda en gastos veterinarios e que todavía non recibiu os 2.000 euros comprometidos polo consistorio para a anualidade 2023. “Unha cantidade, que ademais de insuficiente, non se materializou, agravando todavía
máis a situación desta asociación facendo a súa actividade insostible” explican. Nesta liña, critican a falta de compromiso do goberno, “que só sabe sair na foto e utilizar boas palabras que non se traducen en feitos” afirman.

O PP pon en valor o labor que realiza Colonias Canguesas e recorda que é un traballo que legalmente corresponde ao Concello. “Hai unha lei de Benestar Animal, que guste máis ou menos, hai que cumprir” declaran. “Ao final son este tipo de asociacións as que asumen un servizo público con moi poucos recursos e grazas a solidaridade e colaboración de particulares” explican. “Resulta irónico que, a pesar do ‘agradecemento’ público da sra. Araceli Gestido con esta entidade sexa o Concello a única administración que non preste colaboración económica” continúan. Unha situación que contrapoñen ao feito pola Xunta de Galicia ou o Goberno central, que sí aportaron axudas económicas neste tempo.

Os populares reclaman ao tripartito, non só o pago do importe pendente do ano pasado, senón que tamén se renove o convenio incrementando a súa contía para que responda realmente ao traballo que se realiza. Tamén instan ao goberno a elaboración e execución dun plan no que se recolla as actuacións exixidas na Lei de Benestar Animal, como son as campañas de sensibilización e a aplicación do método CES (captura, esterilización e solta), e que dito documento sexa consensuado con Colonias Canguesas.

Por último, que os reponsables municipais tramiten as axudas correspondentes no marco ca Lei de Benestar Animal para financiar as obrigas establecidas para administración local na citada norma. “A realidade é que, fronte as excusas do Goberno municipal pola falta de recursos económicos para asumir estes compromisos, existen liñas de axudas doutras administracións que non tramitan” critican. “Este é outro exemplo da nula xestión dun goberno que só foi capaz de aprobar os seus propios soldos.

Teñen a Cangas palizada, refén das súas necesidades políticas particulares” declaran. “Agardamos que nesta ocasión, non se queden só en levantar as máns na votación e cumpran o que se aproba en Pleno” continúan. “A veciñanza o agradecerá” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *