A formación demanda á rexedora respeto para os traballadores municipais. “Máis diálogo e xestión en lugar da polí:ca das ameazas” afirman
O PP de Cangas cuestiona a actitude do goberno local liderado pola nacionalista Araceli Gestido cos traballadores da Policía Local que denunciaron que o Concello de Cangas non conta en vigor cos convenios coa Subdelegación do Goberno e con Portos de Galicia para habilitar aos axentes a actuar no rural e nos recintos portuarios do municipio. Para o grupo maioritario da Corporación resulta “vergoñento” a política das ameazas do actual equipo de goberno para tratar de ocultar a súa nula xestión. “O que teñen que facer e traballar, hai unha RPT, que consoliden as prazas e traten a todos os traballadores por igual” defenden. “O que teñen que facer é tramitar eses convenios con axilidade e non acosar ao persoal municipal” afirman.
“A Policía Local é un servizo público esencial que debe estar ao carón do cidadán e baixo esa premisa é como se ten que abordar a negociación coa plantilla” declaran. “A que esperan para sacar as prazas para garantir a quenda de noite?” cuestionan. “Unha vez máis tratan de agochar a súa incompetencia nos demais” insisten. “Resulta irónico que as mesmas formacións que presumen de apostar polos servizos públicos sexan tan eficaces no seu deterioro” engaden.
Guindastre parado
Os populares tamén anuncian que van a preguntar ao goberno pola xestión “ineficiente” do servizo municipal de guindastre. Según explican desde o grupo municipal o Concello leva dous anos pagando a razón de 2.000 euros ao mes polo renting do vehículo de guindastre, a pesar de non contar con conductor. O motivo é que o traballador municipal que ocupaba o posto de conductor se xubilou e dende entón se continuou pagando o renting. Neste tempo o Concello recurriu aos servizos dunha empresa privada, “con dous conductores e outra guindastre” para realizar eses traballos. “Estaban pagando simultáneamente por un guindastre aparcado e a unha empresa privada” critican. “Queremos saber os detalles destes feitos e que rindan contas ante a veciñanza” afirman.
“É surrealista. Todo un exemplo de ‘eficiencia tripartita’ e uso ‘racional’ dos recursos públicos” ironizan. “Logo tratarán de convencer á veciñanza que non hai cartos para facer nada cando eles os despilfarran pola súa nula xestión” rematan.