Estado das parroquias de Cangas.

Unha vez máis, o Partido Popular de Cangas, di que vése «na obriga de levantar a súa voz, para amosar a indignación da veciñanza das nosas parroquias, e unirse á queixa da xente que se sinte totalmente abandoada, e sen espectativas de que algo cambie, por parte dos seus gobernantes. Xa non falamos de acometer as grandes obras e melloras imprescindibles nas vías públicas e nos servizos básicos, para as que este goberno deixa perder axudas e xubvencións».

Falamos aquí, manifestan, da xestión do día a día, da limpeza, coidado e mantemento do noso entorno, das nosas vías e beirarrúas, para que o grao de deterioro non sexa tan grande que constitúa un verdadeiro perigo para os veciños e viandantes.

«É unha mágoa ver como aquelo que se arraxou, no seu momento cun investimento considerable, atópase agora en estado de abandono total, como a fonte e lavadoiro dunha das nosas parroquias, a entrada ao seu Centro Social ou as propias beirarrúas que temos que percorrer para acceder ao mesmo, expresesan dende o maior partido da oposición para engadirque «vendo esta realidade un se pregunta cómo unha vila tan fermosa como Cangas pode chegar a este estado de abandono e desidia na que se atopa dende hai xa uns anos».

Estas imaxes actuais, insisten, «son unha pequena mostra máis do desinterese e o desprezo daqueles que teñen a obriga de liderar, de ir por diante, acompañando aos seus veciños na procura das mellores condicións, para que todos poidamos vivir nun entorno seguro e acolledor, que fomente a convivencia e o respecto entre os seus veciños».

E para botarlle un pouco de humor a tanta desfeita, dende o PP din que «nas nosas rúas, xa temos postas as alfombras para a festa do Corpus».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *