O grupo municipal do PP de Cangas nun pleno desta lexislatura.

A formación tamén insta ao goberno local que solicite unha auditoria de toda a rede a Augas de Galicia. “Temos que coñecer cal é a situación real”, destacan

O Partido Popular de Cangas presentou unha moción para ser debatida no vindeiro pleno do día 29 na que se insta ao goberno local a iniciar expedientes contra a empresa concesionaria polos vertidos á vez que se solicita que estes expedientes sexan posteriormente remitidos á fiscalía como delitos ambientais. “Non pode ser que contaminar sexa tan barato no noso municipio. Queremos rematar coa impunidade que houbo ata agora” denuncian.

Dende o grupo maioritario da corporación tamén propoñen na súa moción a realización dunha auditoria independente por parte de Augas de Galicia na que se poda coñecer a situación real na que se atopa a rede. “É imprescibible para saber que actuacións acometer para correxir de forma eficaz o deficiente funcionamento que presenta na actualidade” explican.

A formación destaca a gravidade da situación actual “con vertidos constantes ao noso litoral que levan moito tempo sendo denunciados polos colectivos veciñais e pola propia confraría de pescadores que sinala a contaminación deste tipo de vertidos como unhas das causas do descenso de capturas. “Unha contaminación que está afectando dun xeito crítico a un recurso do que dependen moitas familias da nosa vila” recalcan.

“E unha vergonza a falta de supervisión do goberno da sra. Gestido. Se aceptan informes da propia concesionaria referidos a vertidos dos que eles mesmos son responsables. Non se recepcinan bombeos como o de Donón. Se permiten vertidos sen abrir expedientes contra empresa ata o momento como os acontecidos no río Orxas, no mencionado bombeo non recepcionado de Donón, en Liméns-Santa Marta, no entorno da Praza de Abastos ou na praia de Rodeira por citar só algúns” enumeran.

Plan de Inversións

O grupo municipal volve a reclamar no documento co goberno municipal informe con detalle sobre as obras ca empresa xustifica como inversións. “Preocúpanos que debido á referida falta de control e seguimento por parte dos responsables municipais se inclúan irregularmente obras que realmente son de mantemento e non de mellora da rede” sinalan. “A empresa coñecía o estado dos bombeos e o contrato en vigor marca como primer punto do Plan de Inversións a renovación dos bombeos e a mellora dos

mesmos” continúan. “Que se fixo e que se está facendo?” cuestionan. “Moito nos tememos que pouco, ou nada” engaden.

“Dende o noso grupo municipal recordamos ao goberno municipal que por moi fan que sexa da UTE, quen lles paga o seu soldo é a veciñanza de Cangas e non a concesionaria. Basta xa de culpar aos demais de todos os males da nosa vila e comecen a traballar polo noso concello. O conxunto da veciñanza o agradecerá seguro” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *