Imaxes feitas polos veciños para demostrar que a senda ainda non está construida porque as obras non empezaron.

As tres asociacións veciñais de Aldán (Herbello, Piñeiro e Gandón) mostraron a Morrazo Noticias a súa «indignación» co goberno local de Cangas, conformado por BNG, PSdeG e EU, tras publicar unha noticia na que aseguran que a senda peonil que une as tres aldeas da parroquia xa está executada e presumen como quedaron os traballos. Cando, indican os veciños, as obras aínda acaban de iniciarse. «Como poden dicir que a senda está rematada cando as obras aínda comezaron despois de facerse a foto? O que se ve non pode esconderse e o triste e que non sepan o que se vai a facer», pregúntanse molestos e como mostra realizan unha reportaxe fotográfica que o demostra.

Precisamente, tras ler a nota de prensa, acompañada por unha fotografía na que aparecen a alcaldesa, Araceli Gestido, a concelleira de Obras, Iria Malvido, e o edil de Turismo, Noël Malvido, os veciños trasladáronse ata o lugar para comprobar se realmente os traballos xa estaban executados. «Efectivamente, non había nada», explican desde as AAVV de Herbello, Piñeiro e Gandón. As tres directivas conformaron posteriormente que as obras aínda acababan de arrincar.

E por este motivo o malestar nestas tres entidades é maior, a recuperación desta senda partiu dos veciños. Unha proposta que trasladaron ao anterior goberno local de Victoria Portas e para a que a alcaldesa solicitou unha subvención de 15.367 euros a cargo dos fondos Next Generation. Foi en plena campaña electoral cando o Concello recibiu a grata noticia da súa aprobación, o que supoñía que contarían co financiamento para o 90 por cento do custo do proxecto.

A publicación do goberno local en prensa supuxo un balbordo veciñal en Aldán e tamén fixo reaccionar á anterior rexedora, quen redes sociais ha cualificada a información de «falsa».

¿En qué consistirán as obras da nova pasarela?

A senda proxectada é circular e ten unha lonxitude total de 6’73Km cunha dificultade moderada. Está dividida en dous tramos ben diferenciados por un lado a parte rural que percorre camiños asfaltados onde se aprecian os núcleos das aldeas de Herbello, Piñeiro e Gandón nos que atopamos antigos hórreos e lavadoiros e por outro a parte natural que da paso a camiños de terra e pistas que nos permiten apreciar os valores que a contorna agocha como son a xeoloxía, vexetación e a fauna.

¿Cómo surxe o proxecto?

O proxecto xurde como un intento de recuperación das antigas vías de comunicación empregadas pola veciñanza das aldeas de Herbello, Piñeiro e Gandón e o mesmo tempo permitirá poñer en valor as superficies mais afectadas pola degradación. A senda pretende revalorizar os recursos medio ambientais existentes creando unha infraestrutura axeitada para o uso recreativo da veciñanza e dos visitantes que contribúa ademais a protección do territorio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *