A brigada de xardinería de Moaña cos exconcelleiros Marta Freire e Odilo Barreiro en setembro de 2020.

O Grupo Municipal do PP de Moaña denuncia o uso «indebido» dun vehículo municipal en horas non laborais por parte dun traballador municipal que a día de hoxe está de baixa laboral. «O goberno da Sra. Santos permite que certo traballador empregue para os seus usos privados un vehículo municipal», acusan os populares á alcaldesa Leticia Santos.

Lembran que o pasado martes «varios concelleiros deste grupo e veciños vimos “in situ” como un traballador que a día de hoxe está de baixa médica colleu un vehículo municipal para o seu propio uso e beneficio particular» e «non é a primeira vez que o fai». «Permítenllo porque é unha persoa afín ao BNG», sentencian.

Por este motivo, «esiximos á Sra. Santos que abra un expediente a este traballador que todo o Concello sabe perfectamente quen é» e que «non permita estas prácticas mafiosas e amiguistas», pola contra «que dimita o Sr. Costas por incompetente e responsable da área de xardinería por permitir iso».

«Queremos recordarlle ó goberno do BNG que o Concello non é o seu feudo, que o Concello é dos moañeses e moañesas, e que si un traballador municipal precisa un vehículo especial, o que ten que facer é o que calquera veciño, cómpralo ou alugalo», apostilan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *