«Este é o calamitoso estado da pista de futbol 3 da Alameda. Meses e meses sin o máis mínimo mantemento e dando unha imaxe de deixadez e pasotismo absolutos», denuncia o principal partido da oposición de Moaña, o PP, nas súas redes sociais. Unha publicación na que acusan ao concelleiro de Deportes, Rubén Viéitez, de «non saber como está» e «disque o vai mirar».