El paseo de Rodeira cortado por el estado de las naves de Ojea.

Lembran que o actual equipo de goberno incumpriu o seu compromiso eleitoral de desafectar esta zona por parte de Costas do Estado

O Partido Popular de Cangas anuncia que presentará unha moción no vindeiro Pleno para evitar a demolición das Naves de Ojea por parte de Costas do Estado e denuncia que as formacións que compoñen o actual goberno tripartito municipal está incumprindo o compromiso eleitoral de desafectar esta zona por parte do organismo estatal.

Para os populares trátase dun complexo que forma parte do pasado industrial da vila e leva anos presentando mocións (09/02/2017, 09/02/2018, 14/05/2021 e 12/11/2021) instando ao goberno local a recuperar este conxunto arquitectónico. Recordan que no Pleno do 28/05/21 aprobouse “a execución inmediata das obras necesarias para evitar o deterioro e posible derrube co risgo que supón o estado actual da Nave de Córdoba”, acordo que sinalan foi incumprido de xeito reiterado por parte dos responsables municipais prolongando o seu deterioro co colapso da cuberta da nave.

No Pleno do 28/11/2022 o Partido Popular presentou unha moción onde se instaba a adoptar con carácter inmediato as medidas de seguridade de urxencia para evitar o derrube total da Nave de Córdoba e posterior apertura do paseo, “pero unha vez máis a inacción foi a única resposta gañando forza os rumores de que Costas pretendía facer desaparecer a Fábrica de Córdoba” recordan.

Para o grupo municipal maioritario é unha vergonza co tripartito se poña de perfil na defensa do patrimonio industrial do concello polo que reclaman nesta nova moción a adopción de medidas urxentes para evitar o derrube e garantir a seguridade para posteriormente abrir o paseo nese tramo
en colaboración entre a administración local e a de o Estado así como fixar unha xuntanza da xunta de portavoces e representantes de Costas no que abordar o futuro destes terreos.

“¿Qué estaría acontecendo se estiveramos falando doutros espazos emblemáticos da nosa historia como Massó?” cuestionan, “unha vez máis queda de manifesto a falta de xestión e de traballo deste goberno inoperativo que é incapaz de sacar adiante ningún proxecto de certo calado para o noso
pobo” engaden.

Dobre rasero

Para o PP o goberno liderado por Araceli Gestido amosa un dobre rasero cando se trata de traballar con outras administracións. “Nós apoiamos que a Autoridade Portuaria de Vigo actúe con premura na reparación do paseo de Massó danado polo último temporal” declaran, “pero resulta evidente que o mesmo que exixen a unhas administración non o exixen a outras” continúan. “¿A qué agardan para exixir a Costas que asuma as actuacións sobre o espazo das Naves de Ojea?” cuestionan. “¿Porque non demostran o mesmo grao de exixencia con todas as administración, sexan cales sexan, cando se trata dos intereses de Cangas?” insisten. “Para nós está claro, o único que prima para este equipo de goberno é a cor política” conclúen. “Nós exiximos a todas as administracións que cumpran coas súas responsabilidades no marco das súas competencias no beneficio da veciñanza de Cangas. Ogallá este goberno tivera a ben facer o mesmo. Seguro que os cangueses e canguesas o agradecerían” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *