O edificio do que caeu a cornixa a noite do luns.

Anuncian a presentación dunha batería de preguntas para coñecer se foron tomadas as medidas de seguridade preceptivas. “Deben de asumir a súa responsabilidade polo acontecido” reclaman

O Partido Popular de Cangas amosa a súa preocupación polo acontecido o pasado luns ás 21:30 horas na rúa Eugenio Sequeiros co desprendimento dunha cornisa da fachada dun edificio onde estaba anclada un arca das luces instaladas pola celebración das Festas do Cristo e que feriu de gravidade a unha persoa que transitaba polo lugar. “Queremos trasladar en primeiro lugar a nosa solidaridade e os nosos desexos dunha rápida recuperación á persoa ferida” declaran dende o grupo municipal á vez que expresan a súa preocupación pola gravidade dos feitos “que puideron rematar en traxedia dado o grado de afluencia que presenta esta zona nestas datas festivas”. “E por iso que imos a presentar unha batería de preguntas para coñecer con detalle o sucedido e saber se foron tomadas as medidas de seguridade necesarias por parte dos responsables municipais” explican.

“A veciñanza precisa saber se foron realizadas as precep&vas inspeccións técnicas ás atraccións e escenarios así como na súa posterior instalación” afirman, “tamén se esa inspección foi realizada a través dunha empresa externa homologada, como se viña facendo en anos anteriores, ou se foi realizada por técnicos municipais así como as datas desas inspeccións no caso de foran realizadas” continúan. “Queremos coñecer tamén se exisRa autorización para colocar os arcos luminarios nas fachadas de edificios particulares e se foron inspeccionadas previamente, durante e despois do anclaxe nas mesmas das luces” engaden. “O tripar&to debe dar explicacións polo acontecido” insisten.

“Estamos a falar de algo tan sensible e básico como é a seguridade e a vida das persoas. De confirmarse de que non se tomaron as medidas técnicas pertinentes non dubidaremos en esixir responsabilidades” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *