La última reunión de la Cofradía con los portavoces de los partidos de la corporación, el gobierno y la UTE.

O grupo municipal sinala que son moitas as queixas de asociacións de todo tipo que seguen agardando a ser recibidos

O Partido Popular de Cangas acusa ao goberno local de non recibir aos colectivos e mantelos agardando sen resposta, nalgúns casos durante meses. Para o grupo municipal maioritario é un mostra da falta de dilixencia e de traballo do actual equipo de goberno que xa non só se manifesta nas diferentes áreas senón nun desprezo absoluto cara entidades como asociacións veciñais, entidades culturais ou deportivas.

“Ata que chegou este goberno a veciñanza chamaba ao Concello e tiña a posibilidade de marcar unha extensión para ser atendido pola persoa responsable. Agora toman nota do recado e ponte a agardar ata que teñan a ben responder” explican. “Parece que esquecen que están aí para atender á cidadanía da cal cobran”. Tamén critican o que califican como “ausencia absoluta de traballo”, ao non atender as demandas de eses mesmos colectivos cos cales non chegan a reunirse. “Non sabemos cal será a excusa escollida esta vez para xustificar o inxustificable ou para tratar de agochar unha realidade que cada día é máis evidente para todos os cangueses e canguesas” declaran, “temos un goberno que cobra pero que non goberna, que sae nas fotos, que fai anuncios pero non fai nada” engaden.

Opacidade

A estas criticas engaden denuncias de falta de transparencia respecto á axenda da Alcaldía que leva sen actualizarse na web municipal desde o 10 de marzo do 2023. “Será porque non teñen moito que engadir” ironizan. “Unha vez máis se demostra que a trasparencia do tripartito é máis de cara á galería que outra cousa” afirman. “Non se é máis transparente por poñer concellería de Transparencia senón que se é atendendo á veciñanza en tempo e forma, respondendo ás instancias e escritos, rendendo contas das decisións que se toman ou por exemplo colgando a axenda da Alcaldía na web do concello”.

Por último anuncian a presentación dunha batería de preguntas para coñecer os motivos polos que non se atenden aos colectivos así como a qué se debeu os cambios na atención telefónica que se viña prestando e reclaman uns horarios públicos e coñecidos reservados por parte dos responsables municipais para eses encontros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *