O grupo municipal reclama ao tripartito a integración de Cangas no Programa de Mobilización de Vivendas para o Alugamento en Concellos da Xunta de Galicia
O Partido Popular de Cangas denuncia a incapacidade de xestión do actual equipo de goberno liderado pola nacionalista Araceli Gestido poñendo como exemplo nesta ocasión a parálise na política de vivenda municipal que mantén sen uso a chamada Casa do Pobres, rehabilitada despois dun investimento de 72.168 euros a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra no anterior mandato, que segue sen uso a pesar de que se trasladou a intención
de ser adicada para casos de emerxencia social.
“No mes de setembro nos atopamos cunha situación surrealista na que os membros do equipo de goberno se sacaban unha foto nunha entrega simbólica das chaves das vivendas e á vez nos esterábamos da imposibilidade das respnsables municipais de dotalas de mobiliario máis básico para que podan ser utilizadas” relatan os populares. “A isto temos que sumar que a día de hoxe
non foi a Pleno o regulamento relativo ao seu uso” engaden. “Pasan os meses e lamentablemente a situación a penas reviste cambios” denuncian.
“Resulta difícil de entender a falta absoluta de avances neste ámbito máis alá de fotos e anuncios” sinalan. “A veciñanza quere menos excusas e máis feitos e xestión” insisten. “Reclamaos aos actuais responsables municipais que se poñan a traballar dunha vez e traia o regulamento ao Pleno e acometan as últimas actuacións para deixar operativas estas vivendas” rematan.
Programa de vivenda
Por outra banda a formación maioritaria da corporación reclama ao tripartito que realice as xestión pertinentes para que o Concello de Cangas integrar ao municipio como ente colaborador no Programa de Mobilización de Vivendas para o Alugamento en Concellos (PMVAC) cuxa resolución do seu regulamento foi publicada no DOG do pasado 20 de febreiro.
A formación destaca que o PMVAC ofrece aos concellos colaboradores unha plataforma informática implantada polo IGVS para o intercambio de información entre eles e o devandito organismo, na cal figurarán as vivendas baleiras que se oferten en alugamento a través deste programa.
Este programa facilita o acceso á vivenda as unidades de convivencia que teñan uns ingresos entre 0,7 e 1,5 veces o IPREM ofertando ademáis garantías ás persoas arrendadoras das vivendas incluídas nel como a cobertura dun seguro para o aboamento das rendas non pagadas, así como un seguro para a
reparación dos danos que se ocasionen nas vivendas durante a súa vixencia, sempre que non sexan consecuencia da súa deterioración polo seu uso ou polo paso do tempo. Tamén garante a asistencia xurídica necesaria para atender os problemas que poidan xurdir durante a vixencia dos contratos de alugamento, así como no momento da súa resolución, ademais das situacións de precario que poidan derivar destes contratos.
“Entendemos que este programa pode ser un bo paso na boa dirección en canto a política de vivenda” explican, “moito máis do feito por este goberno nos oitos meses que levan ‘desgobernando’ Cangas” engaden. “Está moi ben falar do que se vai facer pero os cangueses e canguesas agardan a que se faga. Máis feitos e menos propaganda” rematan