Oficina de Turismo da estación de autobuses de Cangas.

O Partido Popular de Cangas critica que, xa no ecuador da tempada de verán, permaneza pechada a oficina de información turística municipal do porto. Dende a formación destacan que é incomprensible que na época onde máis turismo recibe a vila non se utilice este espazo como punto de referencia para recibir aos visitantes e poñer en valor todos os atractivos que ofrece o municipio tanto no ámbito patrimonial, histórico, paisaxístico, natural ou gastronómico. “Se non está aberta agora, cando pensan facelo?” se cuestionan.

“O turismo na actualidade é un sector estratéxico para o noso concello polo que o goberno local, lonxe de continuar coa desidia dos últimos anos, debería de traballar da man do sector para mellorar a experiencia de quen nos visita promocionando outros atractivos máis aló do turismo de sol e praia que permita a súa vez traballar na desestacionalización do mesmo” reflexionan. “Lamentablemente o que está acontecendo e unha mostra da falta de xestión do actual equipo de goberno local que no tempo que leva foi incapaz de dar curso ao expediente de contratación sinalado no expediente 1115/2023 no que se sinala que hai unha subvención de 14.000 euros para tal fin que se suman a unha partida municipal de 11.000 euros” explican. Dende a forza maiorita- ria da corporación reclaman ao goberno municipal unha rectificación e que abran a oficina “polo menos o que resta de tempada estival”.

“Somos conscientes que hai un goberno que entrou tras as últimas eleccións municipais pero a súa obriga e poñerse a traballar dende o primeiro día e os feitos non amosan nada diso” afirman. “O que sucede é que están máis preocupados en que pasa cos seus soldiños que na xestión ou nos problemas do noso pobo” continúan. “Son o goberno e polo tanto a súa responsabilidade é traballar e dar resposta a este e outros asuntos e non mirarse cara o embigo contantemente” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *