A partir de maña día 10 de agosto e ata o diía 17 do mesmo mes as 23.59 horas quedará aberto o prazo da convocatoria para adxudicación das autorizacións de explotación das 12 carpas-bar instaladas no recinto ferial das naves de Ojea durante as Festas do Cristo de 2023, que terán lugar dende o 25 de agosto ata o 2 de setembro. Todos os interesados poden descargar as bases na web do Concello de Cangas.

Poderán presentarse a esta convocatoria todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dun negocio de hostalaría (bar, restaurante cafetería, pub) que acrediten estar en condicións de contratar coa Administración, o que supón non ter débedas coa Axencia Tributaria estatal, autonómica, local, nin coa Seguridade Social. Cada solicitante so poderá optar á concesión da autorización de explotación dunha carpa.

O prazo presentar solicitudes será de 5 días hábiles dende o seguinte ao da publicación do anuncio na web do Concello de Cangas (www.cangas.gal).

As solicitudes de autorización irán dirixidas á Alcaldía e unicamente poderán ser achegadas no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas ou por sede electrónica do Concello, dando por finalizado o prazo ás 23,59 hs. do 5º día.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *