O PP de Cangas quere por valor a Semana Santa e o seu compromiso coas Asociacións e Confrarías relixiosas de Cangas, «polo seu traballo incansable e a súa aportación á tradición cultural da nosa vila, conseguindo que fose declarada de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2002».

«Queremos dar voz a estas asociacións e cofradías que se sinten olvidadas polo Concello de Cangas, podemos incluso decir que sufren un trato discriminatorio en comparación con outras asociacións ás que lles proporcionan locais. Non sabemos cal e o motivo, si é ideolóxico ou de outro tipo», manifesta o principal partido da corporación.

As imaxes da Semana Santa de Cangas, propiedade das asociacións e confrarías relixiosas, dun alto valor histórico, artístico, patrimonial e tamén cultural para o pobo de Cangas, permanecen gardadas durante todo o ano en baixos ou fallados particulares, nas mellores condicións que estas asociacións se poden permitir, pero que distan moito de ser as condicións óptimas nas que merecerían estar conservadas unhas imaxes de tan relevante valor.

Entre estas imaxes que se gardan en casas particulares, cómpre mencionar que datan algunhas de principios do século XVIII e que a meirande parte delas constitúen o groso das talladas pola man de Ignacio Cerviño, mestre do que Cangas adoita presumir, pero que non se preocupa por conservar a súa obra. Todos en Cangas coñecen ao Francisquiño da Ferramenta ou comeron aceitunas na mesa da Santa Cea e asistiron ao Santo Encontro a ver a Carnasedo ou aos Carallotes. Ademais das propias imaxes, tamén é preciso ter sitio para gardar as andas, roupaxes e orfebrería, todo elo utilizado nas saídas procesionais da nosa vila.

A Semana Santa de Cangas, da que podemos dicir que ten os seus inicios no século XVII, e na actualidade un reclamo cultural e turístico da vila «que debe ser coidado polo seu Concello». «É riqueza ecónomica para o noso municipio ao contribuír a desestacionalizar o turismo e tamén riqueza cultural», engaden.

Debería de ser unha aposta clave no goberno municipal.

Defender a Semana Santa de Cangas e axudar a súas asociacións como se fai con outros colectivos do concello, din, debería de ser algo básico, xa que estas non teñen nin un lugar para poder reunirse de forma estable durante todo o ano, a sabendas de que podemos contar por miles os irmáns asociados ás asociacións e confrarías relixiosas de Cangas, sen dúbida, as asociacións máis numerosas do noso municipio.

As Confrarías esperaban ansiadamente que nun futuro as naves de Córdoba se convirtesen nun museo do mar, como estivo proxectado, no que tivesen cabida as súas imaxes e demais posesións, para que todo o pobo de Cangas e todos os que nos visitan durante o ano tivesen a oportunidade de ver e aprender sobre a historia da nosa Semana Santa, pois hai que ter en mente que esta foi sempre sufragada polos mariñeiros e xente do mar.

A repercusión turística e palpable, cos hoteis e restaurantes experimentando un notable aumento na ocupación e as reservas. A Semana Santa impulsa a economía local, promove a gastronomía e o comercio local. No año 2022 a ocupación hoteleira foi de aproximadamente dun 80% e a vivenda turística dun 100% según recolleron os medios de comunicación. É un motor turístico e de crecemento para o pobo, polo que o goberno local debería estar totalmente volcado con este evento, tratando de buscar un sitio onde se poidan expoñer as imaxes, roupa e os pasos todo o ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *