Asamblea celebrada no salón de plenos do Concello en 2022 cos socorristas da bolsa municipal.

O Goberno de Cangas liderado polo BNG ten o récord total de falta de servizos públicos, a súa xestión ata agora foi: negociar para cobrar eles e escribir números nun excel para poder gastar 19, 3 millóns de euros cada ano. Anunciar que defenden a pesca e deixan a flote a merda na ría e agora estamos ante o primeiro verán sen socorristas porque nin tan sequera se enteran de que xa saiu a nova orde de axudas autonómicas mentras o concelleiro do BNG, Antón Iglesias, choraba no Pleno porque a Xunta retirara a subvención, cuestión que foi aclarada alí mesmo xa que esa liña de axudas pasou de depender da Consellería de Emprego a Presidencia e que xa estaba a disposición de todos os concellos. Outra cuestión é que agora sexa de quen de solicitala en tempo e forma, xa que a historia recente amosa que non teñen por costume solicitar recursos doutras administración en favor da nosa vila, non vaia a ser que sexan concedidas e despois non teñan forma de seguir botando a culpa a outras da súa propia incompetencia.

O goberno do BNG e os seus socios volve a demostrar a súa manifesta incompetencia e falta absoluta de xestión. Unha vez máis, un asunto que é previsible se converte en problema ano tras ano, e seguen sen dar sobre cando e de qué xeito vai poñerse en marcha este verán o servizo de socorrismo que debería cubrir 6 das 38 praias do municipio así como poñer operativa unha embarcación para asistir aos areais da ría de Vigo.

O grupo maioritario da corporación critica as intencións do equipo de goberno liderado pola nacionalista Araceli Gestido de privatizar este servizo mediante unha licitación o que deixaría sen efecto o actual listado de profesionais, moitos dos cales contaban con traballar este ano no noso municipio rexeitando acudir a outras convocatorias noutros concellos. Presumen de defender os servizos públicos e levan anos maltrando este con recortes, reducindo case a metade as praias con socorristas respecto ao 2015 e retirando a embarcación da ría de Aldán.

Non é a primeira vez que acontece e a última vez rematou coa renuncia da empresa contratada a tan só 3 meses do inicio da tempada de verán. Non aprenden. É unha auténtica irresponsabilidade xogar deste xeito coa seguridade dos milleiros de persoas que visitan as nosas praias, e xa veremos os posibles efectos negativos que pode ter esta precaria situación para a imaxe turística do noso municipio.

Iglesias mentiu
Por outra banda, acusan de mentir ao concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Antón Iglesias, que na última sesión plenaria afirmou que a Xunta retirara a subvención para financiar o servizo de salvamento. Desde o PP sinalan que o pasado 31 de maio, o mesmo día que se celebrou o Pleno da Corporación saiu publicada a orde no DOG, o que pasa é que, como sempre, teñen que sinalar a outras administracións para tratar de ocultar a súa absoluta incapacidade de xestión á hora de pedir subvencións a outras administracións: ben non as solicitalan, as solicitan tarde ou non alcanzan a puntuación mínima para recibir fondos” explican.

A achega autonómica podería alcanzar os 40.000 euros e un máximo do 90% do coste do servizo. Non é un problema de cartos, é un problema de traballo. Cobran por non facer nada, só hai que ver as ordes do día de cada Pleno, con cero propostas e iso estase a ver reflexado en todas as áreas, polo que esixen ao actual Goberno local que, despois dun ano quentando o sillón, que se poñan a traballar ou que deixen a outros facer, pero basta xa de ter a Cangas paralizada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *