Os baños precintados do pavillón de Romarigo.

O PP de Cangas denuncia a situación na que se atopan as instalacións deportivas municipais e critican a inacción do goberno local liderado polo BNG que segue sen dar resposta ás queixas dos usuarios polo gran número de deficiencias que presentan na actualidade. O grupo municipal maioritario da
Corporación poñen o foco nos pavillóns do Gatañal, o de Romarigo e dos centros escolares CEIP O Hío e o CEIP San Roque.

Recordan desde a formacion que o concelleiro popular José Luís Gestido preguntou no último Pleno sobre a situación os baños do pavillón de Romarigo xa que, segundo explicou, esta instalación acollerá o vindeiro fin de semana unha concentración de Primeira Nacional de tenis de mesa na que está
previsto que participen 8 equipos de toda Galicia así como as persoas que os acompañan. Nesta liña recordan que a resposta do equipo de goberno fou que esta semana quedaría arranxadas as deficiencias.

A sorpresa dos clubes Cinania (tenis de mesa) e Anfora (patinaxe), que utilizan este espazo deportivos para as súas actividades, foi maiúscula cando comprobraron cos traballos consistiron nun “lavado de cara” da parte baixa, sendo “lamentable” o estado que presenta as paredes e teito que retratan en
varias imaxes. Unhas queixas, das que se fai eco o grupo popular, e que amplían á situación dos pavillóns dos centros escolares de Hío e San Roque pola deficiente iluminación polo que ofreceron ao Concello a compra de novas lámparas solicitando que a administración local se encargue da súa instalación xa que ese traballo require dunha escaleira especial.

“Isto demostra que a visita da concelleira de Obras, Iria Malvido, e de Deportes, Sagrario Martínez, serviu de ben pouco. Unha “performance” para tratar de agochar unha crónica e absoluta falta de mantemento dos recintos deportivos do Concello” afirma Gestido, “polo que reclama ao goberno municipal que actúe de verdade e acometa con axilidade os traballos necesarios para eliminar as deficiencias” engade. “O deporte cangués o agradecerá” remata.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *