A formación critica que as manifestacións do dirixente socialista ao que acusan de machista e paternalista. “A sra. Malvido é quen de librar as súas propias batallas. Non precisa nin de voceiros nin de escudeiros” afirman
O Partido Popular de Cangas acusa ao secretario xeral do PSOE de Cangas, Eugenio González, de pretender amordazar á oposición con ameazas. “O noso grupo municipal continuará fiscalizando a xestión municipal pese a quen lle pese” manifestan. “Se o sr. Gonzalez pretende cohartar a nosa labor na oposición e acalar aos nosos concelleiros, está moi confundido” reiteran.
Dende o grupo maioritario da corporación reiteran o que para eles é clara connivencia dos socialistas e do goberno que forman parte coa empresa concesionaria. “Despois da cadea de vertidos de fecais que levamos vivindo este verán, lonxe de manifestar un mínimo de censura sobre a xestión da empresa concesionaria, de abrir expedientes sancionadores, os membros do goberno tripartito sairon en defensa da mesma eloxiando a súa `axilidade´ e ´dilixencia`” sinalan, “unha actitude que resulta difícil de explicar, atendendo aos feitos acontecidos nas últimas semanas, para a maioría da veciñanza e para a nosa forza política e que non teñen nada que ver coa realidade” continúan. “Pero non sorprende tanto se temos en conta a reunión da sra. Malvido coa UTE o 24 de febreiro, cando todavía non era nin concelleira. Cada quen escolle aos seus compañeiros de viaxe e o que queda claro a luz dos feitos que este goberno xa fixo a súa escolla”.
Os populares acusan a González de actuar como gardaespaldas da tenente de alcalde e sinalan que “a sra. Malvido se ten demostrado algo dende a súa entrada en política é a súa extraordinaria capacidade para falar nos medios e sair na foto” declaran polo que acusan ao socialista de ter “unha actitude machista e paternalista impropia hoxe en día” engaden. Por outra banda destacan a súa sorpresa polo cambio na política comunicativa do goberno local, “parece co concelleiro de Medio Ambiente reviviu do seu letargo para sair onte nun medio nacional mentindo descaradamente sobre a situación actual na praia de Rodeira onde houbo bañistas que denunciaron a presenza de vertido preto da orilla” sinalan. “Parece que non deberon gustar nin aos seus compañeiros de partido nin aos seus compañeiros de goberno as manifestacións públicas da sra. Malvido dos últimos días que a sacaron do foco mediático sen contemplacións” apostilan. “O que debería facer o sr. González, en vez de ameazar e insultar á oposición, e falar cos seus amigos da concesionaria para que fagan o seu traballo e deixen de provocar vertidos un día sí e outro tamén” rematan.
Mostras
Dende a oposición reclaman que se faga públicos os resultados das analíticas feitas por parte do Concello. “É unha vergonza a opacidade coa que actúa este goberno” denuncian. “Antes ou despois terán que informar á opinión pública de cando, como, onde e a través de quen se fixeron” recalcan. “É inaceptable que dende o domingo non se sepa o grao de contaminación que provocou o vertido nin se coñeza o resultado de ningunha analítica mentras continúa a bandeira amarela izada en Rodeira. A irresponsabilidade dos actuais responsables municipais parece non ter límites”.
Pancarta electoral
“Parece que no goberno local de Cangas apostan pola repetición electoral” ironizan dende o PP, “doutro xeito non se explica que un mes despois da celebración das eleccións continúen colgados os paneis na Praza de Abastos e incluso pancartas socialistas. Sabrán algo co resto dos cidadáns descoñecemos?”.