Pleno de Marín.

Trátase, xunto co do Servizo de Axuda no Fogar, do contrato máis elevado da administración local. Unha vez a Xunta de Galicia informou favorablemente da estrutura de custes, agora prepararanse os pregos para sacar a licitación canto antes

O Concello de Marín leva todo este ano traballando intensamente para sacar adiante o novo contrato de recollida de basuras, xa que o 31 de xullo de 2025 fi nalizará a actual xestión do servizo a cargo de Recolte, ao que se lle adxudicou o contrato hai 8 anos, concretamente o 1 de agosto de 2017.

Despois de realizar unha estrutura de costes que foi elevada á Xunta de Galicia, esta emitiu un informe favorable do mesmo, polo que foi levado ao Pleno da Corporación o expediente con este documento, así como a memoria xustifi cativa da contratación.

A contía que sae para o contrato é de 1,7 millóns de euros ao ano pola xestión da recollida de lixo. É dicir, un total de 17 millóns de euros para os 10 anos que durará o contrato, fi nanciados ao 100% con fondos municipais.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, explica que “con estas cifras, podemos afi rmar que estamos, xunto co do Servizo de Axuda no Fogar, ante o contrato de máis envergadura que temos no Concello. O servizo da recollida de lixo é básico e debe prestarse coas maiores condicións e por iso estamos traballando intensamente nesta nova licitación”.

Sanmartín explicou que agora estase a traballar na redacción dos pregos que rexerán a contratación, que ao exceder un 10% do Orzamento municipal terá ao Pleno como órgano de contratación, polo que de novo pasará por sesión plenaria para a súa aprobación e continuación.

O obxectivo marcado polo Goberno local é poder adxudicar ao longo do primeiro semestre de 2025, para que nova empresa adxudicataria do servizo empece a súa actividade a partir do 1 de agosto do próximo ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *