O paseo do río da Fraga xa reformado.

O Concello de Moaña investiu 10.000 euros na renovación da superficie de madeira do paseo da desembocadura do río dá Fraga, situado nun extremo da praia da Xunqueira, que se atopaba en mal estado e supoñía un risco para os viandantes.

Os traballos, que foron realizados pola empresa Construcións Nelmar, consistiron en substituír 18 pezas de 300 x 18×5 e 77 de 300x20x7, ranuradas e tratadas. Trátase dunha das actuacións que o goberno local tivo que «priorizar» nos orzamentos de 2021 «debido ás constantes roturas que estabamos a detectar no entarimado antigo recolleitos nos continuos informes da Policía Local», explica a edil de Obras e Servizos, Marta Freire.

Esta pasarela ten un importante uso ao estar situada nunha zona de especial tránsito polos veciños. Ademais, a isto súmase que concretamente nese punto e nesa marxe do vial non existe outra alternativa peonil polo que o seu arranxo era urxente e prioritario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *