Presentación esta mañá da actividade.

O outono xa está de pleno e en Marín, e grazas á Asociación de Pescadores Tenlo,
poderán gozar do seu sabor característico. Ramón Castro, representante da
entidade, presentou esta mañá a actividade xunto coas concelleiras Marián
Sanmartín e Cristina Acuña.

De novo, o emprazamento para o evento será o Parque Azul, polo que, no caso de
que chova, a festa desprazarase a outra data.

O cheiro a castañas xa se comezará notar a partir das 18.30 horas e o grupo
folclórico Pousos da Area será o encargado de poñer a ambientación musical.
Tamén haberá de bebida viño e queimada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *