Raquel Carragal (centro) xunto á Alcaldesa e o concelleiro de Deportes.

A esclerose múltiple é unha enfermidade neurolóxica, na que o sistema inmune afecta ao noso sistema nervioso central. En España, esta enfermidade afecta a 47.000 persoas. En Europa, a 700.000, e no mundo, a 2,5 millóns. Cada ano, diagnostícanse 1.800 novos casos no noso país.

Son cifras aterradoras, sobre todo tendo en conta que se trata dunha patoloxía
aínda descoñecida para a poboación. Precisamente para darlle visibilidade e coma un reto persoal, a deportista de Marín Raquel Carragal uniuse coa Asociación pola Esclerose Múltiple do Morrazo (EMMO) e correrá sen descanso 110 quilómetros.

A alcalesa, María Ramallo, recibiu á marinense no Concello para darlle ánimos de cara ao inicio da súa proeza. “Xente valente como Raquel conseguen,a
través do seu máximo esforzo, poñer no mapa enfermidades tan complexas como a esclerose múltiple, facéndonos a todos reflexionar da importancia da investigación e da comprensión para os pacientes por parte de toda a sociedade”, asegurou a alcaldesa.

Raquel percorrerá un dos itinerarios do Camiño de Santiago, que une Sarria coa capital galega, correndo, sen parar, saíndo o domingo pola mañá. Desde a asociación, animan a darlle visibilidade ao seu reto, compartindo o cartel e as imaxes a través das redes sociais, etiquetando a @esclerosemultiple_morrazo.

A alcaldesa quixo recalcar a importante labor que realizan as asociacións de
pacientes, que conseguen ser un apoio e un acompañamento vital para os que
sofren as enfermidades e para os coidadores, familias e achegados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *