Moaña é o municipio que máis cartos recibirá no 2024 seguido de Marín, Cangas, Bueu e Vilaboa
O deputado Manuel Santos, a alcaldesa de Marín, María Ramallo e o alcalde de Poio, Ángel Moldes compareceron en rolda de prensa onde destacaron a aposta da Xunta polos concellos do Morrazo e da comarca pontevedresa que contarán no ano 2024 cun orzamento de máis de 15 millóns de euros. Na presentación dos orzamentos, onde estiveron acompañados de alcaldes e portavoces dos concellos da comarca, resaltaron que o Goberno galego vén de aprobar os orzamentos «máis elevados da súa historia» para investir en «estabilidade, nas persoas e no futuro, ademáis de consolidar todas as rebaixas fiscais que estaban en vigor». “Unhas contas que reflicten o compromiso da Xunta con esta comarca, que reflicten que o Goberno galego cumpre cos nosos concellos, que non para de traballar e de acadar obxectivos”, indicou Manuel Santos
As actuación máis importantes recollidas nas contas galegas para os concellos da comarca do Morrazo, segundo explicou María Ramallo, son a inversión de 11.4 millóns euros nos concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña, onde destacan as obras de conservación no Museo Massó de Bueu con preto de 280.000 euros; as melloras na lonxa e nave de deportes naúticos de Aldán que suman preto de 720.000 euros; a 2ª fase da PO 546, cun orzamento que supera o mlllón de euros; a rehabilitación e mellora no peirao meixolleiro con 484.000 euros e 3.8M euros para o novo centro de saúde de Moaña. Para Vilaboa se reservan también 121.000 euros para a ampliación de atranques en San Adrián de Cobres. Ademais, a comarca do Morrazo contara con 500.000 euros para melloras de mobilidade.
Ademais, a Xunta vai invertir a maiores en toda a provincia 6.6M euros para o fomento da mobilidade sostible urbana e interurbana con sendas peonís e ciclistas, preto de 5M euros en melloras da seguridade viaria, 6.8 M euros en reforzo do firme e conservación; e máis de 10M euros da Axencia de Turismo para infraestruturas turísticas, no Camiño de Santiago e na rede de albergues, entre outros, ademáis de seguir apoiando a promoción e difusión do turismo na nosa provincia.
No eido deportivo cabe destacar as transferencia a entidades, federacións e técnicos, as axudas á fundación deporte galego, o bono deportivo dotado con 6.4M euros para a provincia; e o Plan específico de acción comunitaria destinados a asociación rurais, que conta con 1.7M euros; case 1M euros para os consorcios provincias contraincendios; 22.M euros para accións formativas cualificación desempregados e 12.4M para Obradoiros Duais de emprego 2024-2025.
No eido de Política Social, a provincia conta con 90M euros para funcionamento de de centros públicos, preto de 12M euros para tarxeta benvida e bono coidade e máis de 20 M euros gratuitade escolas infantís.