Moaña celebrou na tarde de onte unha concentración contra o «feminicidio» ocorrido esta semana en Barro e que se cobrou a vida de Jéssica Méndez. Estiveron presentes representantes de todos os partidos que forman parte da corporación local. Tamén en Cangas gardaron silencio como condenan a este crime machista no punto lila situado fronte ao Concello.
En Bueu está prevista para esta mañá na praza do consistorio.