A Mesa da Sanidade de Moaña acordou na reunión que celebró ayer apoiar a concentración convocada polas plataformas da área sanitaria de Vigo que se vai a celebrar mañá diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo.
Tamén, e segundo informa a presidenta da Mesa, la alcaldesa de Moaña Leticia Santos, también decidiuse convocar unha nova manifestación para o día 24 de abril ás 11h. A marcha terá saída desde o Portal do Almacén, pola rúa Ramón Cabanillas ata a rotonda do Pontillón, encarando xa por Concepción Arenal ata a Casa do Mar, onde se farían as intervencións e se lería o manifesto.
A Mesa fixo unha valoración positiva das convocatorias de mobilizacións xa realizadas e por este motivo decidiuse poñer unha nova data de saída á rúa coa que demandan, unha vez máis, a volta das urxencias á Casa do Mar, unha ambulancia de reforzo na comarca e que se cubran as vacantes dos profesionais sanitarios para que se reestablezca a asistencia na quenda de tarde.
Santos, coma representante da Mesa, agradece moito á veciñanza «a súa participación e colaboración na defensa da atención primaria e da sanidade pública de Moaña».