O concelleiro e a organización mostrando o cartel.

Despois de cinco clasificatorias, os mellores 16 freestylers de Galicia enfrentaranse o 2 de abril na Finca de Briz. Dous poderán gañar unha clasificación directa ao campionato nacional de Alicante

Marín converterase na capital galega do rap e do freestyle este sábado 2 de abril, cando a Finca de Briz acollerá a BHB Final Autonómica, a partir das 17.00 horas. Esta final autonómica chega despois de cinco clasificatorias que se organizaron previamente en distintos puntos de Galicia, Marín incluído entre cidades como Vigo, Ourense ou A Coruña; para poder reunir aos 16 mellores freestylers galegos.

Eles serán os que se enfrentarán o 2 de abril en Briz: Acrox, Adriano, Berros, Crespo, Dyru, Hastro, Hombre P, Hugo, JDR, Jota, LE33, Lil Manin, Ruvix, Sozat, Tripo e VR.

Os dous gañadores, poderán clasificarse para a final nacional da General Rap Alicante, que se celebrará o 13 de agosto, coa viaxe incluída. Esta competición estatal puntúa para o ranking de ascenso en segunda división de freestyle de España.

Os xuíces serán o propio Bastián, de BhB Galicia, e outro marinense, Polo; Hero, de Pontevedra; Yosua, de Lugo e Xenxo, de Ourense. Entre as batallas, haberá tamén concertos de MKP e Gesto Feo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *