Ramallo e Santos nas obras da rúa República Arxentina.

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, acudiron esta mañá a facer unha visita de obra á nova rúa Travesía República Arxentina, coa que se reordenará toda a zona do Inferniño e mellorará a mobilidade no corazón marinense. Unha obra importante na viña xa que hai moitos anos que non se abre unha nova rúa no centro urbán.

Segundo lles explicaron técnicos da obra á alcaldesa e ao edil, tense xa executado cerca do 50% do traballo, no que se investirán 241.612,40 euros (máis IVE), con cargo ao Plan Concellos.

Esta nova rúa comunicará as rúas República Arxentina e Inferniño, un espazo que, na actualidade, presenta dúas situacións moi diferentes. Por unha banda, o extremo leste, que entronca coa rúa República Arxentina atópase completamente urbanizada e edificada. Este tramo de 44 metros de lonxitude atópase pavimentado e conta con beirarrúas en ambas marxes e todos os servizos urbanísticos (alumeado público, rede de saneamento e pluviais, abastecemento, enerxía eléctrica, telecomunicacións e subministro de gas). A rúa executada remata nun muro que separa o ámbito urbanizado do regato e das fincas sen urbanizar.

O tramo de rúa de nova apertura está composto por tres parcelas en estado de semiabandono, con cascallos e peches metálicos provisionais. As dúas zonas están separadas por un regato, que no seu extremo norte está canalizado baixo o solo urbano e cara sur permanece a ceo aberto. Prevese que de cara ao verán as obras xa poidan estar finalizadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *