Concelleira, magos, comerciantes y colectivos na presentación do festival.

O certame, único en toda España, traerá a 15 magos e magas, adultos e noveles, que farán as delicias dos máis pequenos (e non tanto) da casa

A ilusión nos ollos, a felciidade nas caras de sorpresa, os soños e a imaxinación. Todos estes ingredientes son xa clásicos do Festival Internacional de Maxia Infantil que acolle a nosa vila cada ano e que celebrará a súa sétima edición do 3 ao 6 de outubro.

Presentouse o festival na Alameda de Marín da man do Mago Paco, organizador do evento, e da concelleira de Cultura, Marián Sanmartín. No acto estivo presente tamén Yonathan Carreira, xerente da Asociación de Comerciantes Estrela de Marín, colaboradora da festa, e a maga Sara Rodríguez, de “Maxia na Manga”, de Vigo.

Tal e como explicaron os organizadores do evento, trátase do único festival de maxia en toda España adicado a público familiar e contará coa presenza de artistas de Vigo, Monforte, Arxentina, Valladolid… e moitos sitios máis.

Serán catro días cunha intensa programación, que encherá de ilusión os recunchos e comercios da vila, así como os centros educativos. O xoves, 3 de outubro, a maxia chegará aos coles de 10.00 a 12.00 horas e ás 18.00 horas, actuará na Biblioteca o mago FRANCIS ZAFRILLA, co espectáculo “Marvin, o mellor mago do mundo”. A entrada será de 1 euro.

O venres, 4 de outubro, repítese a sesión máxica nos coles e pola tarde arrancan os Escaparates Máxicos, con funcións de 20 minutos nos comercios locais, coa seguinte programación: Nube (18.00 – 18.20h), Librería Nobel (18.30 – 18.50h), Ché-B-Re (19.00 – 19.20h). Ás 20.00 horas, o espectáculo “A caixa máxica”, de Brando e Silvana será na Alameda. E ás 22.30 horas, será o hall do Concello o escenario do show “Palabra de bruxa”, da maga MATILDA. Terá un custe de 1 euros con prazas limitadas, destinadas a nenos e nenas maiores de 12 anos.

O sábado, 5 de outubro, a maxia arrancará ás 10.00 horas na Biblioteca cun obradoiro a partir de seis anos, para o que haberá prazas limitadas e unha entrada de 1 euro. E despois, chegará a Ruta Maxia de Preto, con tres espazos con tres pases de 20 minutos en cada lugar:
● 11.30/12.15/13.00h. JOSHUA KENNETH. Praza de Abastos (zona acristalada) Entrada 1€. Prazas limitadas.
● 11.30/12.15/13.00h. SARA RODRÍGUEZ. Hall Concello. Entrada 1€. Prazas limitadas.
● 11.30/12.15/13.00h. NACHO SAMENA. Palco da Música. Entrada 1€. Prazas limitadas.


Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, será o espectáculo “A maleta de Malastruc”, do mago MAG MALASTRUC, e ás 18.00 horas, será a quenda de CARLOS TOMICO, con “Maxia con desgarbo”, no Parque Eguren. A partir das 19.15 horas, o Multiusos da Praza de Abastos celebrará a Gala Novos Talentos, con entrada de 1 euro e prazas limitadas. Participación o MAGO IAGO, MAGALDARA, NACHO NOGUEIRA E MAGIC MATEO. A maxia seguirá ás 21.00 horas na Alameda con DANI DANIELO e o seu espectáculo “Cirkalgia” e ás 23.00 horas, o peche do día será no Hall do Concello con “Maxia na manga”, que tamén terá unha entrada de 1 euros e está pensado para nenos e nenas a partir de 12 anos.

O domingo, 6 de outubro, a programación arrancará ás 12.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres, coa actuación “Pequemagia”, de 1 a 4 anose con custe de 1 euros, a cargo de FRANCIS ZAFRILLA. Ás 13.00 horas, trasladarse a maxia á Alameda con MAG MALASTRUC e o espectáculo “A maleta de Malastruc”.

A traca final do festival será a gran Gala do Festival Internacional de Maxia, con entrada a tres euros no Multiusos da Praza de Abastos, e no que estarán todos os magos que participan no certame: FRANCIS ZAFRILLA, DANI DANIELO, MARTILDA, BRANDO E SILVANA, JOSHUA KENNETH e MAG MALASTRUC.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *