Na andaina participou un centear de persoas.

A marcha, que partiu do centro social, percorreu o treito até o monte, onde se deu leitura a un manifesto con motivo da celebración do Día Internacional das Montañas, dentro dos actos organizados pola Coordinadora Eólica Así NON.

Esta andaina reivindicativa enmárcase detro das accións de protesta convocadas hoxe en máis de 30 lugares en Galicia pola Coordinadora Eólica Así NON. Integrada por máis de 170 colectivos, piden a paralización inmediata do actual plan sectoria eólico, así como dos máis de 300 proxectos que se están a tramitar neste momento en Galicia sen que exista unha valoración global dos seus impactos ambientais ou sobre a poboación. «Esta avalancha eólica é posible pola existencia en Galicia dunha lexislación obsoleta e laxa, que resulta lesiva para os intereses da cidadanía, pero que pon unha alfombra vermella ás empresas elécricas. Estas empresas, puxeron tamén a súa diana na península do Morrazo. A existencia dunha área de desenvolvemento Eólico na nosa península é a que posibilita que se poidan executar proxectos deste tipo, de aí que pidamos a súa total derrogación», expuxeron.  

Pero mentres isto non suceda, desde Eólicos no Morrazo din que seguirán «na nosa labor de informar á veciñanza das consecuencias deste macro-proxecto en Marín, Bueu e Moaña». Neste sentido, valoran moi posivamente a resposta que en todos os actos que están a organizar. Ademais da concorrida andaina desta mañá, o pasado venres, sen ir máis lonxe, encheuse en Santomé, a Casa da Cultura de veciñas e veciños que acudiron para informarse sobre as consecuencias deste proxecto.  

A información en firme presentada nos concellos de Marín e Moaña debuxa un panorama desolador para os nosos montes. A empresa Aratel solicita información para un total de 14 parcelas para a promoción, construcción e explotación de dous parques eólicos: Pé Monte Xaxán e Pé Monte San Lourenzo. «Se estes plans van adiante, contaremos cunha liña de macromuíños desde o alto do mítico monte da Paralaia até a Cruz da Maceira, seguindo a liña da estrada Marín – Moaña (PO131), así como en todo o tramo desde a Cruz da Maceira até Miñán, ocupando o monte de Santomé», din e engaden que «as poboacións das zonas altas do Morrazo, próximas á liña da estrada, quedarán á sombra destes xigantes, cos prexuízos ambientais, sobre as augas, para a saúde, para o benestar e tranquilidade que supón vivir nas proximidades dun parque eólico».

Desde a Plataforma, aseguran que farán «canto estea na nosa man» para evitar esta desfeita. Hoxe, no día internacional das montañas, apelamos ás organizacións, colectivos e veciñanza do Morrazo a integrarse na plataforma e seguir a sumar forzas para frear a destrucción do noso monte. A andaina desta mañá en Pastoriza, participaron veciños e veciñas de toda a comarca, contou tamén co apoio de colectivos como Anduxía, Asociación Micolóxica Liboreiro, ADEGA,   a Mancomunidade de Montes do Morrzo, o Colectivo Feminista Zeivas, Amigos do Morrazo Verde e asociacións veciñais que foron sumando os seus aopoios á  Plataforma. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *