No marco do XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo o Concello de Moaña organiza, como en pasadas edicións, a Mostra de Instrumentos Tradicionais.
A Mostra complementa a oferta musical do Intercéltico amosando a importante e vizosa tradición de construción de instrumentos que temos en Galicia.
Asistirán lutiers das diversas familias de instrumentos galegos: gaitas (Afonso Castro – O Rosal), percusión (Morenita Percusión – Laza), Arpas (Lorena Reinaldo – Soutomaior), Ocarinas (Paparolo – Santiago) e zanfonas, con dous lutiers: César Loureiro – San Tomé de Piñeiro (Marín) e o veciño de Moaña Gustavo Fernández (GZ instrumentos).
Como complemento, expoñeranse fotos antigas de Moaña e de Galicia do arquivo da Agrupación Nós e do Museo de Pontevedra e haberá outros postos de artesanía local.
Desenvolverase no alto da praza de abastos coun aforo limitado de 60 persoas adaptado ás medidas establecidas pola Xunta de Galicia para a prevención da transmisión da Covid-19 na situación de risco Alto na que se atopa Moaña nestes momentos.
A mostra estará aberta o sábado 31 de 18:00 a 23:00 e o domindo 1 de 10:00 a 14:30 e de 18:00 a 22:00. Dentro dela programáronse as seguintes actividades:
OBRADOIROS DE DANZA (xunto ao Palco da Música)
- Sábado 31 ás 21:30h. Danza tradicional galega con Manolo Cobas.
- Domingo 1 ás 21:00h. Danzas do mundo con Suso Cancelas. PRESENTACIÓN DO LIBRO “A gaita na Terra de Melide” de Suso Ascariz (no alto da praza)
- Domingo 1 ás 11:30h
Estas actividades contarán cunha asistencia máxima de 20 persoas, debidamente separadas e con máscara tal como establece a Xunta de Galicia para actividades en equipamentos culturais.
Unha alfombra para o FIM
Ademáis, con motivo da celebración do FIM, a Asociación de Alfombristas San Martiño de Moaña confeccionou unha alfombra no Palco da Música baseada nunha imaxe de Paco Chapela. Está elaborada a base de cuncha de croque triturada e coloreada, serrín coloreado e area de gato.