O técnico de Aqualia durante a explicación as autoridades do Concello.

Ese sistema permitirá ter moito formigón baleiro e poder utilizar as bañeiras como tanques de tormentas cando chove

Moaña converterase desde setembro e durante os próximos anos en punto neurálxico para acabar cos alivios e verteduras á ría e, ao mesmo tempo, optimizar os recursos da propia estación depuradora de augas residuais local. Farao a través dun proxecto europeo por valor de case tres millóns de euros e que se desenvolverá na depuradora do municipio, situada na Guía. Da man do Concello e coa concesionaria Aqualia como coordinador en colaboración con o operador danés VCS Denmark (Dinamarca) e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, este proxecto proposto por Aqualia e aprobado pola Unión Europea comezará a poñerse en marcha o próximo 1 de setembro e a súa instauración prolongarase ata 2022, a partir de aí comezará a investigación cuxos resultados poderanse exportar a todos os puntos de España pero tamén a países de calquera parte do mundo.

«Este proxecto é importante porque nos vai a permitir converter a propia depuradora nun tanque de tormentas sen facer máis investimento do que xa está creado aquí, co mínimo impacto ambiental para Moaña e, doutra banda, vai permitir que podamos monitorar a rede de tal maneira que cando acabemos esta investigación imos coñecer con detalle en que puntos entra máis cantidade de auga e vainos a permitir investir dunha forma moito máis eficiente os recursos na separación das augas pluviais das residuais e cremos que iso é fundamental», valorou a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, durante a visita á estación depuradora.

Técnicos e representantes do Concello na Edar cos diseños do proxecto.

¿En que consistirá e como se desenvolverá este » Life Reseau»?

Este proxecto financiado ao 55% baixo o programa Life da Unión Europea desenvolverase durante o próximos catro ou cinco anos e supoñerá «crear solucións que as propias universidades e os centros tecnolóxicos teñen probadas a escala laboratorio e nós traémolas ao mundo real, coa auga real e nas condicións de traballo do día a día», explicaba José Ramón Vázquez, responsable de área no departamento de Innovación de Aqualia, sobre o que denominaron » Life Reseau», que é a fusión de RESiliencia e AU que en francés signifiva auga, ademais de que a tradución de Reseau é a palabra rede.

O que desde Aqualia tratan de conseguir con este proxecto é «aumentar a resiliencia de todo o sistema de saneamento do Concello» ata convertelo nun «nicho de investigación moi potente» e para iso «temos o instrumento financeiro Life e contamos coa interacción da entidade VCS de Dinamarca punteira a mundial encarga da xestión integral do ciclo da auga no país». Isto sumado á experiencia en dixitalización de redes do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

¿Qué se vai a implantar na red de Moaña?

A demostración do funcionamento dos sistemas granuales.

Neste camiño preténdese instalar entre 25 e 30 sensores avanzados na rede para saber caudal e composición, analítica das correntes e saber como se comportan ao longo dos catro anos de duración deste proxecto. Isto permitirá, explicou Vázquez, aplicar a intelixencia artificial para anticiparnos a épocas de choiva e ver que estratexias podemos seguir na rede, nos bombeos e na propia Edar para maximizar a auga que somos capaces de tratar para evitar alivios, que nunha zona de marisqueo como é Moaña é un obxectivo principal».

Na depuradora converterase o carrusel que está baleiro, compartimentalizará e con iso demostrarase que en só 500 m3 de volume «somos capaces de tratar 2000 m3 ao día de augas residuais». En definitiva, engadeu, «ir á metade do caudal que recibe esta Edar co fin de multiplicar por 5 ou 6 a capacidade volumétrica do corazón do proceso de depuración baseado nunha tecnoloxía punteira para, así, reconverter os procesos biolóxicos en sistemas granulares que decantan a unha velocidade 100 veces maior que a dun lodo convencional para que nun volume mínimo posible decantar a máxima cantidade de auga». Ese sistema permitirá ter moito formigón baleiro e poder utilizar as bañeiras como tanques de tormentas cando chove.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *