Inauguración da exposición no hospital Álvaro Cunqueiro esta mañá.

O Hospital Álvaro Cunqueiro inaugurou hoxe a “Exposición de pintura itinerante de Adicam” con obras doadas á devandita Asociación Asociación de Diagnosticad@s de Cáncer de mama e xinecolóxico.

A mostra foi inaugurada polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e contou coa participación da xunta directiva de Adicam; da xefa territorial da Sanidade, Natalia Botana; e da coordinadora da Unidade de Patoloxía mamaria, Rosa Mallo.

Trátase dunha selección de 20 pinturas ao óleo cunha temática común, a exaltación da imaxe da muller. A mostra, sita na área de Consultas externas (planta -1) do hospital, permanecerá exposta ata finais de outubro para conmemorar o Día Internacional do Cáncer de mama.

Adicam, Asociación de diagnosticad@s de cáncer de mama e xinecolóxico, con 22 anos de historia, leva unha década asociando a súa actividade de apoio e acompañamento ás pacientes con estas patoloxías coa exaltación da imaxe da muller a través da pintura. Así, a Asociación realiza diversos certames e exposicións artísticas co obxectivo de visibilizar o seu traballo e concienciar da importancia destas enfermidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *