REDACCIÓN: SERAFÍN VALLADARES. É máis que patente o malestar que mostran moitos veciños das aldeas de O Hío, sobre todo co actual rexedor do Concello de Cangas. Basta ver as redes sociais e os comentarios que fan, algo normal dado que para o sr Alcalde, só existe Cangas . Quizáis estes últimos días o que máis se comenta é que dende hoxe suspenderase a desinfección das zonas rurais por parte de Protección Civil.
É agora cando máis falta fará, mentres o Alcalde pide a colaboración de comerciantes e cidadáns para que non descoiden as medidas de seguridade. No canto de dar pide, pois imos ben, resumindo o cartel que indica Concello de “O Hío”, aí está xusto na oficina de información Turística, no Igrexario.