A plataforma de formación ‘Os Mares da baixura’ mantén aberta a convocatoria de cursos en liña orientados tanto a persoas que xa traballan en actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro,
como a aquelas interesadas en iniciarse neste ámbito.

Os cursos axudan a mellorar os perfís profesionais do sector, e en consecuencia redundan nunha mellora da competitividade da xente do mar.

A iniciativa, que botou a andar no mes de febreiro, ten como obxectivo reforzar competencias clave relacionadas coa atención ó público e a mellorar a experiencia turística vinculada ó sector pesqueiro. Na actualidade, a oferta de cursos disponible é a seguinte:

-Habilidades sociais e atención ao público.
-Atención a persoas con discapacidade.
-Inglés para atención turística.

As inscricións poden realizarse a través da web www.pescaeturismo.gal ea partir do momento da inscrición, os interesados teñen 1 mes de prazo para facelo ó seu ritmo.

Esta oferta forma parte do proxecto de cooperación Mar e Rías Pesca &Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (70%) e pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (30%).

Para máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefónicamente nos números: 986 358 109/646 873 106. Tamén pódese obter máis información na web www.pescaeturismo.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *