O espazo cheo de emprendedores para informarse das axudas.

O Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra organizou hoxe no Espazo Emprendedor de Marín unha charla para promocionar as axudas que tramita este ente, ubicado no Porto, para poder lanzar un proxecto emprendedor no mundo costeiro.

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, encargouse de abrir o acto, onde trasladou a «felicidade que nos dá como Concello ver o Espazo cheo de empresarios e potenciais emprendedores», aos que animou a «escoitar activamente todo o que o Galp pode facer por vós, porque hai capacidade de financiación pública para axudar a lanzar as vosas ideas e necesidades para seguir crecendo e sendo un motor económico fundamental».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *