A Comunidade Makers Spain escolleu O Campo para organizar un evento no que virán 30 profesionais de toda España para formarse, compartir coñecemento e facer exhibicións en directo na que será a primeira edición desta feira pensada para os amantes do do it yourself

O concepto maker pode soar descoñecido para moitos e moitas. Mais en canto se profundiza un mínimo no mundo destes profesionais, descóbrese que hai un enorme movemento detrás deles, que se espalla por toda España e que terá en Marín a súa capital entre o 19 e o 22 de outubro.

Os makers son aquelas persoas que utilizan as ferramentas e coñecementos tecnolóxicos para fabricar todo tipo de obxectos, como unha especie de carpinteiros, soldadores e outros profesionais clásicos, pero totalmente adaptados ás esixencias e tecnoloxías do século XXI.

Así, a Comunidade Maker TV, unha das máis grandes e con máis seguidores de España, escolleu O Campo, concretamente o espazo da Pradeira, para celebrar o Spanish Makers Camp, ao que está previsto que acudan máis de 30 makers de toda España.

Haberá acampada, foodtrucks, obradoiros, charlas, exhibicións en directo… Por exemplo, construirase unha embarcación en directo e reformarase un container para convertelo nun cobertizo de ferramentas. Desde o Concello, mostran a súa satisfacción porque “a nosa vila acolle eventos diferentes e que no s poñan no mapa de sectores tan interesantes coma este”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *