Na primeira quincena deste mes de outubro, Orgullo Galego da man da concellería de Normalización Lingüística do Concello de Cangas, visitou os centros de ensino de Cangas para falar sobre a lingua galega nas redes sociais. Orgullo Galego é a comunidade en redes en lingua galega máis grande de todo internet, un proxecto con case medio millón de seguidores e seguidoras presentes en máis de 80 países. Desde hai 3 anos está a visitar todos os centros de ensino de Galicia para falar sobre a presenza do galego nas redes sociais, mostrar creadores de contido en plataformas como Tik Tok, Twitch ou Instagram, o éxito de Orgullo Galego en redes… Visitou o IES de Rodeira, IES Monte Carrasco, Colexio Compañía de María, CPR Eduardo Pondal e Fundación Casa da Virxe.