A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo cos técnicos no interior do centro socioacultural en obras.

A alcaldesa, María Ramallo, presidiu unha visita técnica ás obras co persoal municipal para coñecer o punto de execución actual e cales serán os seguintes pasos a dar

O futuro Centro Sociocultural de Marín, que virá revolucionar a vila en moitos aspectos, xa asoma a súa fisionomía. Esta mañá, o director de obra, de Naos, e o responsable da empresa constructora, de Oreco Balgón, realizaron unha visita para que o Goberno local e os técnicos municipais coñeceran in situ a situación do proxecto, o grao de execución e os obxectivos do plan de traballo de cara aos
próximos meses.

A alcaldesa, María Ramallo, destacou que “o máis duro, que era todo o relativo á cimentación, xa o temos superado e executado. Agora comezamos imaxinar como será este futuro Auditorio, ao que xa se lle poden ver as formas e volumes”.

Xunto cos responsables da obra, Ramallo e o seu equipo percorreron o esqueleto do que serán as futuras dependencias na nova infraestrutura municipal, comezando polo amplo hall de entrada, que contará cun gran espazo diáfono que servirá á súa vez como espazo funcional e que dará paso ás salas de apoio e á zona da Oficina Virtual de Turismo.

Percorrendo os pasillos que xa se intúen dentro da estrutura, na visita puidéronse ver xa as zonas adicadas aos camerinos, o patio de butacas e a zona elevada para o equipo técnico, así como os altillos do que nun futuro será o escenario.

“Con este Auditorio poderemos dar un paso de xigante na programación cultural da nosa vila”, explicou Ramallo. “Con capacidade para máis de 500 butacas e con todas as necesidades técnicas e prestacións necesarias, poderemos traer obras de teatro, musicais, conferencias, formacións, concertos… e todo tipo de eventos para desfrutalos desde aquí, desde a nosa vila”.

Os responsables da obra explicaron durante a visita que a pesar das intensas chuvias que se viviron nos últimos meses, o ritmo de execución está sendo o esperado e que as obras avanzan dentro dos prazos e do cronograma previsto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *