Pasou pouco máis dun ano desde a traxedia do Villa de Pitanxo e agora tocoulle ao seu xemelgo, o Villa de Nores, tamén do Grupo Nores con sede en Marín. Un mariñeiro que ía a bordo deste pesqueiro faleceu en Terranova ao recibir un forte golpe na cabeza cunha pasteca (polea de aceiro). Trataríase dun cidadán indonesio, aínda que de momento descoñécese se residía na comarca do Morrazo.